
O CITIC da UDC organiza unha xornada sobre as oportunidades de participación nas convocatorias 2025 de Horizon Europe
O CITIC, Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Oficina de Captación de Persoal Investigador (OCPI) da UDC e a Fundación CITIC, celebrará o próximo 24 de outubro de 2024 unha xornada informativa e de traballo centrada nas oportunidades de participación nas convocatorias 2025 de Horizon Europe e en programas sinérxicos.