CITIC

NOVIDADES

Investigación

Investigadores do CITIC desenvolven PhotoILike, unha ferramenta de Intelixencia Artificial para imaxe inmobiliaria

Un equipo de investigadores do CITIC desenvolveu a ferramenta PhotoILike, nacida no seo da empresa de base tecnolóxica Artificial Intelligence Indestia, participada pola UDC. Trátase dun sistema de Intelixencia Artificial destinado ao mercado inmobiliario co obxectivo de seleccionar as imaxes con maior impacto comercial. Os investigadores do CITIC que forman parte deste proxecto son Juan Jesús Romero, Adrián Carballal, Francisco Cedrón e Nereida Rodríguez.

Leer máis »

O CITIC ampliará as súas instalacións para albergar dous novos laboratorios de investigación en Intelixencia Artificial e Big Data

O edificio do CITIC será ampliado co obxectivo de fortalecer a estratexia de posicionamento da UDC a nivel nacional e internacional no terreo da Intelixencia Artificial e reforzar as edificacións sostibles. Con esta reforma, o CITIC será dotado con dous novos laboratorios de investigación nas áreas de Intelixencia Artificial e Big Data. Ademais, tamén se optimizarán e acondicionarán interiormente espazos comúns.

Leer máis »

O CITIC colabora no proxecto de análise da distribución de CO2 nas dependencias da UDC

O investigador do CITIC Carlos J. Escudero coordina un proxecto para analizar a distribución do CO2 en aulas e dependencias da UDC, que pretende obter modelos sobre o seu comportamento e determinar cal é o ACH (Air Changes per Hour). Desta forma, búscase garantir a calidade do aire nos interiores da universidade para proporcionar espazos seguros fronte ao COVID-19 e contribuír a longo prazo a unha maior eficiencia enerxética.

Leer máis »

O CITIC da UDC obtén financiamento da Xunta para desenvolver proxectos de investigación para avanzar na loita contra o COVID-19

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), apoia con máis de medio millón de euros a posta en marcha de tres proxectos dirixidos por investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña para avanzar na loita contra o COVID-19. Os investigadores principais destes proxectos son Ricardo Cao, Marcos Ortega Hortas e José Santos Reyes.

Leer máis »

Investigadores do CITIC publican un traballo sobre un innovador software baseado en IA para a impresión 3D de produtos farmacéuticos

Os investigadores do CITIC Brais Muñiz Castro e Gilberto Pérez, en colaboración con investigadores da empresa de biotecnoloxía FabRx (Reino Unido) e da UCL (University College London), publicaron un artigo na revista International Journal of Pharmaceutics, a segunda revista máis citada no ámbito das ciencias farmacéuticas.

Leer máis »