CITIC

NOVIDADES

Investigadores do CITIC participan na sesión de presentación do Programa de Formación en Competencias Dixitais en Saúde para residentes, do que coordinan módulos formativos

O director do CITIC Manuel F. González Penedo e o investigador Alejandro Pazos participaron onte na sesión de presentación do Programa de formación en Competencias Dixitais en Saúde para residentes, celebrada no salón de actos do Hospital Universitario da Coruña. Os investigadores coordinarán senllos módulos formativos no programa.

Leer máis »

Thais Pousada e Laura Castro participan no I Workshop Internacional Mulleres Investigadoras Innovan

As investigadoras do CITIC Thais Pousada e Laura Castro participarán o próximo 17 de xuño no I Workshop Internacional Mulleres Investigadoras Innovan, organizado pola plataforma Son Pioneras, un proxecto da Universidade de Granada. Thais Pousada participará na mesa redonda “Dixitalización para a inclusión e Sociedade inclusiva” e Laura Castro intervirá la sesión “Clima, enerxía e materiais”.

Leer máis »

José A. Iglesias Guitián recibe unha bolsa da Fundación BBVA

O investigador do CITIC José A. Iglesias Guitián recibiu unha bolsa Leonardo a Investigadores e Creadores Culturais, outorgada pola Fundación BBVA. Cunha dotación global de máis de dous millóns de euros, as bolsas Leonardo están destinadas a apoiar proxectos persoais de investigadores e creadores culturais en estadios intermedios da súa carreira, que se caractericen por unha significativa produción científica, tecnolóxica ou cultural. Nesta convocatoria concedéronse 58 bolsas, entre as 1274 solicitudes presentadas.

Leer máis »

Amparo Alonso participa na xornada “Cara a unha Galicia Intelixente” organizada pola Xunta

A investigadora do CITIC Amparo Alonso participará este venres 11 de xuño na xornada “Cara a unha Galicia Intelixente”, organizada pola Xunta de Galicia. Durante esta xornada abordarase o papel das tecnoloxías intelixentes, especialmente a intelixencia artificial, na contribución á resolución dalgúns dos principais retos que enfronta a sociedade. O evento enmárcase na presentación da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030.

Leer máis »

O CITIC colabora na Maker Faire Galicia 2021

O CITIC colabora, un ano máis, na organización da Maker Faire Galicia, que se inaugura este martes 1 de xuño e desenvolverase entre o 2 e o 6 de xuño. A Maker Faire Galicia é a maior Maker Faire da península, tanto en número de xornadas como en asistentes e proxectos presentados.

Leer máis »

O CITIC acolle o XIV Foro de Interacción Matemática Industria, organizado xunto con ITMATI

O CITIC acollerá este venres 4 de xuño o XIV Foro de Interacción Matemática Industria, unha proposta dos grupos de Matemática Aplicada, Estatística e Investigación Operativa das tres universidades galegas. Neste evento, organizado xunto con ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial), as empresas convidadas exporán problemas que xorden no seu ámbito e que son susceptibles de ser tratados mediante métodos matemáticos e numéricos, estatística e investigación operativa: modelado, simulación de procesos e dispositivos, enxeñería asistida por computador (CAE), etc.

Leer máis »