
O CITIC da UDC poñerá en marcha un innovador programa de doutoramento cofinanciado pola Comisión Europea
O programa supoñerá a captación internacional de 8 investigadores/as que se integrarán nos equipos de investigación do CITIC. O importe da concesión ascende a 650.000 euros. Trátase do primeiro programa concedido a unha institución galega dentro da prestixiosa convocatoria europea.









