
O Laboratorio de Radiactividade Ambiental da UDC obtén a acreditación para medir o radon e protexer a saúde en vivendas e lugares de traballo
O recoñecemento reforza a competencia técnica do laboratorio que dirixe o investigador do CITIC da UDC José Luis Calvo Rolle, a fiabilidade dos resultados e a súa capacidade para prestar servizos a empresas, institucións e particulares










