CITIC

NOVIDADES

Divulgación

A Asociación Grupo de Mayores de Telefónica de A Coruña visita o CITIC

O CITIC recibiu esta mañá un grupo de 20 membros da Asociación Grupo de Mayores de Telefónica da Coruña. Tras unha breve exposición das liñas de actividade do CITIC, os asistentes puideron coñecer algúns exemplos de proxectos do ámbito da robótica, como o Robobo, deseñado integramente por persoal investigador do CITIC, ou o NAO, robot que conta con diversos mecanismos e sensores para realizar todo tipo de movementos e tarefas.

Leer máis »

Intelixencia artificial verde, por un desenvolvemento tecnolóxico sostible

A investigadora do CITIC, Verónica Bolón, lidera desde a UDC o estudo sobre os denominados algoritmos verdes, no marco do recente plan nacional aprobado polo Goberno a finais do pasado ano e que desenvolverá, ata o 2025, solucións TIC aos desafíos ecolóxicos baseadas en intelixencia artificial (IA). O proxecto de investigación dá resposta ademais a un dos obxectivos da futura AESIA sobre o uso responsable co medio ambiente da IA.

Leer máis »

Alumnado do IES Miño de Rábade coñece o CITIC

Esta mañá o CITIC recibiu a visita dun grupo de estudantes de 3º da ESO e 1º de bacharelato do IES Río Miño de Rábade.

A sesión comezou no Demostrador Tecnolóxico, onde o responsable da unidade de Sistemas do CITIC, Alejandro Mosteiro, mostroulles os diferentes ámbitos de aplicación das investigacións realizadas no centro, principalmente nos ámbitos de robótica.

Leer máis »

O CITIC participa na Xornada anual “Padriño Tecnolóxico” organizada pola Universidade de Alcalá

O pasado 24 de novembro tivo lugar a xornada “Padriño Tecnolóxico”, promovida polo proxecto do mesmo nome e pola Universidade de Alcalá (UAH), e na que se presentaron os principais proxectos de innovación tecnolóxica cara ás persoas con discapacidade.
Na xornada, a investigadora do CITIC Thais Pousada presentou as características do proxecto Talentos Inclusivos

Leer máis »