CITIC

NOVIDADES

Divulgación

José Luis Calvo Rolle ofrece unha charla nas Xornadas sobre a Automática e o Control na redución do impacto ambiental

O investigador do CITIC José Luis Calvo Rolle impartirá o vindeiro xoves 28 de outubro a charla “Técnicas intelixentes para a optimización e a mellora da eficiencia dunha vivenda bioclimática”, dentro das Xornadas sobre a Automática e o Control na redución do impacto ambiental, organizadas desde a Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e que terán lugar na Escola de Enxeñería de Bilbao.

Leer máis »

Susana Ladra imparte unha charla a alumnos do IES Miraflores de Oleiros de STEMbach

A directora do Campus Innova e investigadora do CITIC Susana Ladra impartiu o pasado martes 26 de outubro unha charla a alumnos do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMbach, do IES Miraflores de Oleiros. Susana Ladra achegou aos estudantes a súa experiencia como investigadora e docente no ámbito das TIC e as liñas de investigación nas que traballa actualmente.

Leer máis »

As investigadoras Susana Ladra e Verónica Bolón protagonizan o documental “Marxe de erro”, que visibiliza o papel das mulleres en enxeñaría

As investigadoras do CITIC Susana Ladra González e Verónica Bolón Canedo protagonizan xunto coas enxeñeiras Susana Gómez Carnero, Berta Candendo e Silvia Piñeiro Fernández o documental “Marxe de erro”, realizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG).

Leer máis »

O CITIC participa na G-NIGHT con actividades divulgativas

O vindeiro venres 24 de setembro terá lugar a G-NIGHT, Noite Galega das Persoas Investigadoras, un evento de divulgación científica que se celebra de forma simultánea en toda Europa, dentro da Noite Europea das Persoas Investigadoras. En Galicia a actividade está coordinada pola Universidade de Vigo, coa implicación das tres universidades galegas e diferentes centros e institutos tecnolóxicos e de investigación.

Leer máis »

Vicente Moret intervén no evento “Atos Tech Days”

O investigador do CITIC Vicente Moret participará como conferenciante no evento “Atos Tech Days”, que se celebrará o 7 e 8 de xullo. Trátase da sexta edición do evento anual organizado pola empresa Atos, onde presenta a súa estratexia de ecosistema de plataforma dixital no que participan oradores internacionais da súa rede de innovación.

Leer máis »