CITIC

NOVIDADES

Divulgación

O CITIC participa na G-NIGHT con actividades divulgativas

O vindeiro venres 24 de setembro terá lugar a G-NIGHT, Noite Galega das Persoas Investigadoras, un evento de divulgación científica que se celebra de forma simultánea en toda Europa, dentro da Noite Europea das Persoas Investigadoras. En Galicia a actividade está coordinada pola Universidade de Vigo, coa implicación das tres universidades galegas e diferentes centros e institutos tecnolóxicos e de investigación.

Leer máis »

Vicente Moret intervén no evento “Atos Tech Days”

O investigador do CITIC Vicente Moret participará como conferenciante no evento “Atos Tech Days”, que se celebrará o 7 e 8 de xullo. Trátase da sexta edición do evento anual organizado pola empresa Atos, onde presenta a súa estratexia de ecosistema de plataforma dixital no que participan oradores internacionais da súa rede de innovación.

Leer máis »

Profesorado do Politécnico de Leiria de Portugal visita o CITIC

O CITIC recibiu este mércores 30 de xuño a visita de dúas profesoras e un profesor da Escola Superior de Educação e Ciências Sociais do Politécnico de Leiria de Portugal. Trátase do director da entidade, Pedro Morouco, a subdirectora, Dina Dos Santos Tavares, e a coordinadora do Centro de Recursos para a Inclusão Digital, Celia Sousa.

Leer máis »

O CITIC colabora no campamento tecnolóxico Mática

O CPEIG e a AMTEGA, en colaboración co tres universidades galegas, puxo en marcha o campamento tecnolóxico Mática, coa finalidade de potenciar as vocacións tecnolóxicas e fomentar o atractivo das profesións dixitais en mozas de entre 12 e 18 anos. Na Universidade da Coruña, a sede foi a Facultade de Informática, onde se desenvolveron charlas e talleres durante os días 28, 29 e 30 de xuño, coordinados polas investigadoras do CITIC Susana Ladra e Aida Vidal, responsables da iniciativa na UDC.

Leer máis »

Estudantes do CPR Tirso de Molina de Ferrol visitan o CITIC

Este luns 28 de xuño visitaron o CITIC un grupo de catro estudantes de 1º de bacharelato e dous profesores do CPR Tirso de Molina de Ferrol que están a participar nun proxecto STEMbach sobre “Impresión 3D de produtos de apoio para persoas con diversidade funcional”, dirixido pola investigadora Thais Pousada, quen os recibiu no centro.

Leer máis »

Máis dun centenar de estudantes de secundaria e bacharelato achegan solucións tecnolóxicas para persoas con diversidade funcional

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu esta mañá o acto de presentación de resultados do proxecto Talentos Inclusivos, posto en marcha polo CITIC xunto con ASPACE Coruña, co apoio do Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta.

Leer máis »