
O CITIC colabora coa Maker Faire Galicia 2022
O CITIC volverá ser colaborador da Maker Faire Galicia que celebrará a súa oitava edición do 1 ao 5 de xuño de 2022 en formato híbrido.

O CITIC volverá ser colaborador da Maker Faire Galicia que celebrará a súa oitava edición do 1 ao 5 de xuño de 2022 en formato híbrido.

Este luns, 14 de febreiro, o CITIC recibiu a visita dun grupo de 13 alumnos e alumnas del Ciclo de Grao Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web do Centro de Formación Profesional Afundación de A Coruña.

Este venres 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, un grupo de 13 alumnos e alumnas de bacharelato do IES de Ortigueira visitou o CITIC xunto coa súa profesora de Tecnoloxía.

Este mércores 2 de febreiro o CITIC acolleu a xornada formativa dirixida a mentoras e mentores do programa Inspira STEAM A Coruña 2021/2022. Esta formación diríxese a profesionais do ámbito académico, investigador e empresarial e foi impartida por Ander Mimenza Aurrecoechea, coach, formador e consultor especializado en desenvolvemento organizacional e de persoas. O nodo Inspira STEAM A Coruña está coordinado pola investigadora do CITIC Verónica Bolón.

Este mércores 26 de xaneiro o CITIC recibiu a visita de 12 estudantes de bacharelato STEMBach do IES Eusebio da Guarda da Coruña, xunto con 5 profesores e profesoras.

O CITIC realizará unha sesión formativa sobre o selo de excelencia en Recursos Humanos en Investigación HRS4R, impartido pola técnica da OTRI da UDC Sonia Carné. A sesión está dirixida a toda a comunidade do CITIC e terá lugar o vindeiro martes 25 de xaneiro ás 11:00 h no centro; tamén poderá seguirse de forma telemática a través de Teams.

Do 7 ao 11 de febreiro terá lugar en formato híbrido a primeira Escola Latinoamericana de Gaia, organizada pola Universidade de Antioquía, en colaboración co CITIC, entre outras institucións.
O obxectivo é ofrecer a estudantes de universidades latinoamericanas os coñecementos básicos das ferramentas necesarias para facer uso científico dos datos da misión GAIA da Axencia Espacial Europea, na que participa o CITIC.

O próximo 2 de febreiro terá lugar na sala Cloud do CITIC a xornada formativa destinada a mentoras e mentores do ámbito académico, empresarial e da investigación que participarán no programa Inspira STEAM A Coruña 2021/2022, coordinado pola investigadora do centro Verónica Bolón.

Este venres 17 de decembro, un grupo de 17 alumnos e alumnas do programa Espazo Compartido visitou o CITIC. Xunto coa directora do programa e investigadora do CITIC, Thais Pousada, a profesora e investigadora Betania Groba, e outras catro docentes, coñeceron o Demostrador Tecnolóxico do centro.

A investigadora do CITIC Amparo Alonso ofrece este luns 29 de novembro o webinar “É tan intelixente a intelixencia artificial?” no marco dos Diálogos Ikerbasque. No relatorio, a investigadora fará unha reflexión sobre as ameazas e oportunidades que supón a intelixencia artificial, xunto co investigador de Ikerbasque e director do Instituto de Gobernanza Democrática, Daniel Innerarity. A charla estará moderada polo director científico de Ikerbasque, Fernando Cossío.

Este martes, 23 de outubro, recibimos no CITIC a visita de 5 alumnos de 1º de bacharelato que participan no programa STEMBach da Xunta de Galicia. Nesta ocasión, o investigador do CITIC Carlos Fernández Lozano ofreceu unha charla sobre a súa liña de investigación nas TIC aplicadas ao ámbito da saúde.

Este mércores 17 de novembro o CITIC recibiu a visita dun grupo de 8 alumnos e alumnas de 1º de bacharelato STEMBach do CPR Plurilingüe Liceo La Paz da Coruña.