
O CITIC coordinará “Test Before Invest”, o principal paquete de traballo do proxecto europeo INFAB HUB para impulsar a dixitalización empresarial
O CITIC da UDC participou recentemente na reunión de lanzamento (kick-off meeting) de INFAB HUB, o European Digital Innovation Hub (EDIH) industrial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, celebrada na sede de Asime en Vigo.










