
O CITIC da UDC acolle o obradoiro “De idea de negocio a prototipo con IA e linguaxe natural en 2 días” organizado polo Consello Social
Trátase dunha actividade intensiva e práctica dirixida a persoas interesadas en converter unha idea nun primeiro prototipo funcional empregando ferramentas de intelixencia artificial.










