
Reflexión crítica sobre retos e oportunidades da Intelixencia Artificial este venres nas xornadas de “IA. Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade”
A “Intelixencia Artificial. Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade” é o título das xornadas que terán lugar este venres 14 de outubro, na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Trátase dun encontro que se enmarca dentro das actividades do proxecto “Dereito de Marcas e Intelixencia Artificial (MARIA)” financiado pola Axencia Estatal de Investigación, que busca fomentar a reflexión crítica respecto do uso da IA, os nesgos que atravesan os algoritmos máis tamén o seu potencial transformador.










