CITIC

NOVIDADES

O CITIC da UDC participa na feira de tecnoloxía OSHWDem 2024 co seu programa Talentos Inclusivos

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC participou este pasado sábado co seu proxecto Talentos Inclusivos na feira de tecnoloxías abertas OSHWDem 2024, celebrada no Museo Domus da Coruña. O evento, organizado por Bricolabs, congregou a entusiastas da electrónica, robótica, impresión 3D e a cultura maker, destacando a accesibilidade tecnolóxica como unha das súas grandes propostas.

Leer máis »

Almorzos TIC Talk do CITIC da UDC: Conexión entre música, informática e modelos económicos

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña retoma o seu ciclo de Almorzos TIC Talk con dúas interesantes charlas celebradas este martes, 24 de setembro. Nesta ocasión, os asistentes puideron explorar innovadoras conexións entre disciplinas aparentemente distantes, como a música e a informática, así como unha introdución aos modelos estocásticos na economía.

Leer máis »

Talentos Inclusivos dá o salto a Europa a través do programa Erasmus+

A versión internacional do proxecto Talentos Inclusivos “EDIGIT: Education and Dixital Literacy to Grow Inclusive Talents”, liderado polo Centro de investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC), será financiado con 400.000 euros a través do programa Erasmus+ na convocatoria de 2024.

Leer máis »