
Thais Pousada incorpórase ao equipo de Innovación Tecnolóxica da Asociación Duchenne Parent Project España
A investigadora do CITIC Thais Pousada entrou a formar parte do grupo de Innovación Tecnolóxica de Duchenne Parent Project España (DDPE), continuando co traballo colaborativo con diferentes entidades do sector social, e fomentando o uso da tecnoloxía por parte de persoas con diversidade funcional.










