CITIC

NOVIDADES

Divulgación

Ricardo Cao, investigador do CITIC, participa en Madrid na Sesión sobre Innovación Estatística no Sistema Estatístico Europeo

O investigador do CITIC Ricardo Cao participou na Sesión sobre Innovación Estatística no Sistema Estatístico Europeo, celebrada en Madrid o pasado luns 23 de outubro. Trátase do primeiro dos dous eventos organizados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) coincidindo coa Presidencia Española do Consello da Unión Europea. A sesión foi inaugurada por Elena Manzanera, a presidenta do INE.

Leer máis »

O CITIC da UDC incrementa a captación de talento internacional gracias o proxecto europeo 3i-ICT

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC incrementa a súa captación de talento internacional a través do proxecto europeo 3i-ICT. Na segunda edición deste programa -cuxa recepción de candidaturas pechouse recentemente-, o centro da UDC recibiu 75 candidaturas de 56 solicitantes, das cales 51 de 39 persoas foron admitidas.

Leer máis »

O programa Inspira STEAM, coordinado por Verónica Bolón do CITIC da UDC, esperta novas vocacións científicas en A Coruña

O programa educativo Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora Verónica Bolón do CITIC da Universidade da Coruña, celebrou este mércores 21 de xuño o peche da edición correspondente a este curso. Este programa ten como obxectivo fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os estudantes, especialmente entre as nenas, e contou este ano coa participación de catro centros: o IES Ramón Menéndez Pidal, o CPR Sagrado Corazón Franciscanas, o Colexio Santo Domingo e o CEIP Teixeiro.

Leer máis »

O CITIC recibe unha visita escolar no marco da iniciativa da Unidade de Divulgación Científica da UDC “Atrévete a pescudar con elas!”

Hoxe os centros de investigación do Campus de Elviña CITIC, CICA e CITEEC recibiron a visita dun grupo de 20 alumnos e alumnas do IES Camilo José Cela de Padrón. A visita aos centros de investigación está enmarcada na iniciativa “Atrévete a pescudar con elas!”, organizada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña.

Leer máis »