CITIC

NOVIDADES

O CITIC da UDC obtén 1,7 millóns de euros para proxectos de transición ecolóxica e innovación e tecnoloxías intelixentes aplicadas á oftalmoloxía

O CITIC da UDC captou fondos por valor de 1,7 millóns de euros a través de dúas convocatorias de proxectos orientados á transición ecolóxica e dixital e de innovación do Plan Estatal de Investigación Científica 2021-2023. Concretamente foron dez os proxectos seleccionados, na súa maioría parte pertencentes á area de Intelixencia Artificial.

Leer máis »

Persoal investigador do CITIC organiza a conferencia “Mathematical and Statistical modelling using the FMM approach. The case of the Electrocardiogram”, impartida por Cristina Rueda, catedrática da Universidad de Valladolid

O vindeiro 30 de novembro, ás 12:30 h, na Aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática da UDC, terá lugar a conferencia “Mathematical and Statistical modelling using the FMM approach. The case of the Electrocardiogram”. Será impartida por Cristina Rueda, Catedrática do Dpto. de Estadística e IO da Universidad de Valladolid.

Leer máis »

O CITIC da UDC lidera un consorcio internacional para crear unha nova xeración de robots autónomos con aplicación en sectores coma o agroalimentario, o educativo, a produción industrial e o comercio

Crear robots máis autónomos que resolvan situacións reais no sector agroalimentario, no entretemento educativo, no campo da produción industrial non estruturada e no comercio. Este é o obxectivo principal do proxecto PILLAR-Robots (Purposeful Intrinsically motivated Lifelong Learning Autonomous), un consorcio internacional liderado desde o Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC, nacido ao amparo do programa Horizonte Europa.

Leer máis »

Un artigo de José A. Iglesias Guitián presentarase na conferencia SIGGRAPH Asia en Corea

O traballo “Neural James-Stein Combiner for Unbiased and Biased Renderings”, desenvolvido polo investigador do CITIC José A. Iglesias Guitián xunto con Jeongmin Gu e Bochang Moon do Gwangju Institute of Science and Technology – GIST de Corea do Sur, presentarase en SIGGRAPH Asia 2022, un dos eventos máis importantes a nivel internacional no ámbito da computación gráfica e as técnicas interactivas.

Leer máis »

O CITIC participa na Guía de Recursos para Persoas con Enfermidades Neuromusculares publicada pola Federación ASEM

O pasado 15 de novembro, coincidindo co Día Nacional das Enfermidades Neuromusculares, a Federación ASEM presentou a Guía de Recursos Sociosanitarios e Educativos para Persoas con Enfermedades Neuromusculares, que contou coa participación de investigadoras do CITIC lideradas por Thais Pousada. Trátase dunha versión actualizada e ampliada da guía realizada en 2013, e xorde da necesidade de ofrecer información máis completa e adaptada a un formato dixital para facilitar a procura de recursos.

Leer máis »

Gaia recibe o premio da Sociedade Astronómica Estadounidense polo seu labor para a creación do mapa máis revolucionario, preciso e completo da Vía Láctea

A misión espacial Gaia da Axencia Espacial Europa recibirá o próximo mes de xaneiro o premio Lancelot M. Berkeley, recoñecemento no campo da astrofísica que outorga a Sociedade Astronómica Estadounidense (AAS). O traballo de Gaia, liderado en Galicia por dous investigadores do CITIC da UDC, foi distinguida por facer posible a creación do mapa multidimensional máis revolucionario, preciso e completo da Vía Láctea.

Leer máis »

Nieves R. Brisaboa é unha das investigadoras destacadas na plataforma “Científicas e Innovadoras” do Ministerio de Ciencia

A investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa foi seleccionada para formar parte da plataforma “Científicas e Innovadoras”, un proxecto do Ministerio de Ciencia e Innovación a través da súa Unidade de Mulleres e Ciencia e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Esta iniciativa ten a finalidade de dar visibilidade e poñer en valor a científicas e innovadoras españolas recoñecidas no ámbito nacional e internacional. As investigadoras seleccionadas destacan polo seu importante labor científico-técnico nas súas diferentes disciplinas e son referentes para as novas xeracións de investigadoras.

Leer máis »