
O CITIC acolle o acto de entrega de premios do concurso de ideas do novo edificio do centro na Cidade das TIC, coa participación do conselleiro de Economía
O vindeiro 15 de decembro terá lugar o acto de entrega de premios do concurso de ideas de arquitectura convocado pola UDC para o novo edificio do CITIC na Cidade das TIC, o proxecto estratéxico para crear un polo TIC e de innovación dixital de referencia a nivel nacional e internacional na Coruña.










