
A Universidade da Coruña acollerá dous congresos internacionais, de Cosmoloxía e Física Solar, na semana da eclipse
O Centro de Investigación TIC (CITIC) da UDC acollerá entre o 10 e o 14 de agosto a Third Solar MHD Conference, unha cita centrada na física solar cun enfoque práctico.










