CITIC

NOVIDADES

Martiño Rivera e Rubén Pérez participan na Training School on Dixital Forensics da acción COST DIGforASP

Os investigadores do CITIC Mariño Rivera e Rubén Pérez participaron do 3 ao 7 de outubro na “Training School on Digital Forensics: evidence analysis via intelligent systems and practices”, organizada pola acción COST DIGforASP en Nápoles (Italia), de forma simultánea co 14º Simposio Europeo sobre Intelixencia Computacional e Matemáticas (European Symposium on Computational Intelligence and Mathematics) ESCIM 2022.

Leer máis »

El CITIC acoge la reunión inicial de un proyecto en el que colabora sobre procesamiento del lenguaje natural en lengua uzbeka

O CITIC acolleu o pasado 5 de outubro a reunión inicial dun proxecto da Universidade Nacional de Uzbekistán sobre procesamento da linguaxe natural en lingua uzbeka, no que colaboran os investigadores do centro Carlos Gómez Rodríguez e Elmurod Kuriyozov. O proxecto titúlase “UzUDT: Universal Dependencies Treebank and parser for natural language processing on the Uzbek Language” e foi concedido no marco do compoñente 1 “Improving research excellence and commercialization” da convocatoria Modernizing Uzbekistan National Innovation System Project, financiada polo Banco Mundial.

Leer máis »

O profesor Bogdan da Universidade Tecnolóxica de Varsovia sobre a súa estadía no CITIC: “Elixín este centro para aprender dos mellores”

O profesor Grzegorz Bogdan da Warsaw University of Technology vén de concluír a súa estadía no CITIC, onde estivo traballando xunto cos investigadores Luis Castedo, Roberto Maneiro Catoira e José Antonio García Naya, nunha frutífera colaboración e un intercambio de coñecementos que esperan continuar no futuro.

Leer máis »

Reflexión crítica sobre retos e oportunidades da Intelixencia Artificial este venres nas xornadas de “IA. Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade”

A “Intelixencia Artificial. Nesgos de Xénero e Oportunidades para a Igualdade” é o título das xornadas que terán lugar este venres 14 de outubro, na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Trátase dun encontro que se enmarca dentro das actividades do proxecto “Dereito de Marcas e Intelixencia Artificial (MARIA)” financiado pola Axencia Estatal de Investigación, que busca fomentar a reflexión crítica respecto do uso da IA, os nesgos que atravesan os algoritmos máis tamén o seu potencial transformador.

Leer máis »

Ángeles Saavedra: “Promoveremos as canles de Sistedes cos socios e co resto da sociedade e abriremos outras novas para reforzar a comunicación co persoal investigador máis novo”

A investigadora do CITIC Ángeles Saavedra foi nomeada recentemente vogal de Comunicación da Sociedad de Ingeniería de Software y Tecnologías de Desarrollo de Software (Sistedes). Unha responsabilidade que afronta coa “idea de promover as actuais canles de comunicación que ten a entidade cos e coas socias e co resto de sociedade (boletín, redes sociais, web…) e abrir outras novas para reforzar a comunicación co persoal investigador máis novo”.

Leer máis »

Ferramentas intelixentes para a mellora da saúde, un estudo para a atención selectiva en nenos e avances en identidade dixital, proxectos premiados no XoveTIC 2022

• Máis de 50 traballos de investigación do ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de España e Portugal presentáronse na quinta edición deste congreso que organiza o CITIC da UDC para atraer talento novo, impulsar a carreira científica e promover a transferencia de proxectos TIC á sociedade.

Leer máis »

Carlos Gómez, Premio Nacional de Investigación para Mozos 2022

O Ministerio de Ciencia e Innovación concedeu os Premios Nacionais de Investigación 2022, que este ano distinguen por primeira vez o mérito de persoal investigador de España que alcanzou logros relevantes nas primeiras etapas das súas carreiras. Entre eles, atópase o investigador do CITIC Carlos Gómez, a quen se lle concedeu o Premio Nacional de Investigación para Mozos María Andresa Casamayor na área de matemáticas e tecnoloxías da información e as comunicacións.

Leer máis »

Persoal investigador do CITIC toma posesión como catedráticos/as e profesores/as titulares

O pasado 15 de setembro celebrouse o acto de toma de posesión do novo profesorado da UDC, no que tres investigadores/as do CITIC incorporáronse como catedráticos (trátase de José Luis Calvo Rolle, María José Lombardía Cortiña e Guillermo López Taboada), mentres que cinco fixérono como profesores/as titulares; son Paula María Castro Castro, Carlos Fernández Lozano, José Antonio García Naya, Álvaro Rodríguez Tajes e Javier Tarrío Saavedra.

Leer máis »

O CITIC participa na G-NIGHT con actividades divulgativas para achegar a ciencia á cidadanía

O CITIC participará un ano máis na G-NIGHT, a Noite Europea das Persoas Investigadoras, que se celebra este venres 30 de setembro. No CITIC realizarase unha visita divulgativa polas instalacións do centro, con énfase no Demostrador Tecnolóxico e no Laboratorio de Realidade Virtual e Localización, onde os/as asistentes poderán probar diferentes desenvolvementos de realidade virtual, realidade aumentada, robótica, etc.

Leer máis »

O responsable da área de Sistemas, Alejandro Mosteiro, mostra os novos laboratorios do centro na quinta sesión dos Almorzos TIC Talk

Tras o parón vacacional, este martes 27 de setembro retomáronse os Almorzos TIC Talk, un ciclo de reunións informais dirixidas ao persoal investigador do CITIC que se atopa nas primeiras etapas da súa carreira, para compartir a investigación que se realiza no centro e potenciar a transversalidade e a colaboración. Nesta quinta sesión, o responsable de Sistemas do centro, Alejandro Mosteiro, fixo un percorrido polas instalacións do centro, centrándose nos novos laboratorios de Robótica, de Realidade Virtual e Localización, e de Impresión 3D, así como o Centro de Procesado de Datos e o Demostrador Tecnolóxico.

Leer máis »

O CITIC da UDC e o Colexio de Médicos da Coruña, unidos pola intelixencia artificial na saúde

Coñecer os avances no desenvolvemento do software intelixente de apoio á toma de decisións e a aplicación dos últimos modelos de intelixencia artificial no diagnóstico por imaxe desenvoltos polo CITIC. Estes foron os obxectivos da visita que realizou este martes o equipo directivo do Colexio de Médicos da Coruña ás instalacións do CITIC, na que participaron tanto o director, Manuel F. González Penedo, como o subdirector do centro, Javier Pereira.

Leer máis »