
Amparo Alonso analiza o impacto da IA no desenvolvemento empresarial galego na presentación da escola para profesionais tecnolóxicos The Key
A investigadora do CITIC, Amparo Alonso, participou este 3 de xullo na presentación oficial de The Key, a nova escola para profesionais do sector tecnolóxico impulsada polo Grupo Nortempo, nun evento celebrado na Cidade das TIC.