
O CITIC achega a investigación do MIT á comunidade científica nun novo almorzo TIC Talk
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña celebrou este martes unha nova edición dos almorzos TIC Talk, unha sesión especial que contou coa participación de dous investigadores vinculados ao Massachusetts Institute of Technology (MIT): David Ranaudo e Kyran Siddiqui.










