CITIC

NOVIDADES

A investigadora Sara Guerreiro imparte unha charla dentro do programa “Recoñéceas” con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia

A investigadora do CITIC Sara Guerreiro impartiu un taller online no CEIP Agro do Muíño de Bertamiráns con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, dentro do programa “Recoñéceas” promovido por La ciencia es femenino. A charla tivo lugar o 9 de febreiro e estivo dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Leer máis »

O CITIC colabora no proxecto de análise da distribución de CO2 nas dependencias da UDC

O investigador do CITIC Carlos J. Escudero coordina un proxecto para analizar a distribución do CO2 en aulas e dependencias da UDC, que pretende obter modelos sobre o seu comportamento e determinar cal é o ACH (Air Changes per Hour). Desta forma, búscase garantir a calidade do aire nos interiores da universidade para proporcionar espazos seguros fronte ao COVID-19 e contribuír a longo prazo a unha maior eficiencia enerxética.

Leer máis »

A Xunta convoca 151 novos contratos predoutorais e posdoutorais

A Xunta convocou 151 novas axudas predoutorais e posdoutorais da modalidade de formación inicial de investigadores en Galicia. Estas axudas contan cun financiamento de 15,2 millóns de euros aportados polos orzamentos autonómicos a través dunha acción conxunta entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Leer máis »

O CITIC celebra a súa Asemblea Ordinaria 2021

O vindeiro xoves 28 de xaneiro celebrarase a Asemblea Ordinaria do CITIC 2021, que este ano terá lugar en formato online. A reunión está dirixida a toda a comunidade do CITIC, que conta con máis de 250 profesionais, entre persoal investigador (investigadores/as permanentes, non permanentes e en formación) e persoal de xestión.

Leer máis »

Investigadores do CITIC imparten unha nova edición do curso Tecnoloxías para a participación activa na diversidade funcional

As investigadoras do CITIC Betania Groba, Laura Nieto e Thais Pousada, xunto ao subdirector Javier Pereira, impartirán un ano máis o MOOC “Tecnoloxías para a participación activa na diversidade funcional”, que se celebrará a partir do próximo 15 de marzo. Este curso é acollido pola plataforma MiríadaX e a súa inscrición é libre e gratuíta.

Leer máis »

A investigadora do CITIC da UDC Minia Manteiga é designada vicepresidenta da Sociedade Española de Astronomía

A investigadora do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, Minia Manteiga, foi nomeada vicepresidenta da Sociedade Española de Astronomía. O nomeamento fíxose efectivo neste mes de xaneiro e ocupará o cargo durante os próximos catro anos. A investigadora é a primeira catedrática de Astrofísica en Galicia, especialista en evolución estelar, astrofísica espacial e Big Data Astronomy, e docente na Escola Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña.

Leer máis »