CITIC

NOVIDADES

A investigadora do CITIC Verónica Bolón, Premio Ada Byron do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) concedeu o Premio Ada Byron á investigadora do CITIC Verónica Bolón polos seus traballos de investigación na área de Intelixencia Artificial e a súa aposta polo fomento de vocacións científico-tecnolóxicas entre as nenas, participando en numerosas actividades de divulgación e coordinando o nodo da Coruña do programa Inspira STEAM.

Leer máis »

Día da Ciencia na Rúa de A Coruña 2023

O CITIC participará, cunha caseta compartida xunto á Consellería de Educación, no Día da Ciencia na Rúa que terá lugar o próximo 6 de maio no Parque de Santa Margarita da Coruña. Neste evento, promovido polo Concello da Coruña a través dos Museos Científicos, o CITIC amosará diferentes proxectos de investigación levados a cabo no centro, así como os desenvolvementos en torno ao proxecto Talentos Inclusivos. 

Leer máis »

O experto internacional Mutlu Cukurova falará no CITIC da “Intelixencia Artificial na educación: unha visión de futuro”

O Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) organiza unha nova edición do seu ciclo de conferencias internacionais sobre intelixencia artificial. Nesta ocasión, conta coa participación do profesor Mutlu Cukurova, do University College de Londres (UCL), que realizará un relatorio centrado no potencial da IA na educación e as súas vantaxes para mellorar o ensino e a aprendizaxe.

Leer máis »

Alumnos do Grao en Enxeñería Informática coñecen os laboratorios de realidade virtual e captura de movemento do CITIC

Aproximadamente uns 70 alumnos do 4º curso do Grao en Enxeñería Informática da UDC visitaron parte das instalacións do CITIC os pasados días 17, 19 e 24 de abril.  

Os estudantes, que cursan as materias de “Contornos Inmersivos, interactivos e de entretemento” e de “Computación gráfica e visualización” puideron coñecer as posibilidades e experimentar o uso dos laboratorios de realidade virtual, realidade aumentada, sistema de captura de movemento e sistema captivo de movemento do CITIC.  

Leer máis »

Thais Pousada colabora en varias charlas de divulgación científica para centros de educación secundaria

Durante os meses de marzo e abril, a investigadora Thais Pousada estivo a impartir varias charlas para estudantes da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.

En concreto, os seus talleres versaron sobre a importancia dos produtos e tecnoloxías de apoio para a vida independente das persoas con diversidade funcional e sobre o deseño e impresión 3D de algúns destos produtos.

Leer máis »

Nova edición dos almorzos TIC TALK cos investigadores Jorge Castiñeiras e Manuel Santamariña

Este martes, 25 de abril, tivo lugar no CITIC unha nova edición dos Almorzos TIC Talk, celebrados os últimos martes de cada mes na sala Cloud do centro.
En primeiro lugar, Jorge Castiñeiras Rella, coa súa charla “Cost-sensitive learning for financial fraud detection”, falou sobre a súa tese industrial, na que estuda técnicas cost-sensitive para obter patróns de fraude de falta de pagamentos. Pola súa banda, Manuel Santamariña Ruíz de León presentou “Mamá, son desenvolvedor!: Unha ollada rápida ao mundo do software”.

Leer máis »

Un dispositivo para monitorizar marcadores de calidade ambiental Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado da FIC da UDC

Pablo Mariño recibiu o primeiro premio e Gabriel Fernández e Rubén Somoza dous accésit polos seus TFG, todos eles dirixidos por investigadores do CITIC.
Un sistema de posicionamento do móbil por son, a validación de títulos aplicando redes blockchain e o desenvolmento dun dispositivo para detectar resultados anómalos en tempo real de diferentes marcadores ambientais foron os temas que centraron os traballos gañadores, seleccionados entre 14 propostas que recibiron matrícula de honra o pasado curso.

Leer máis »

Acción Matemática contra a COVID confirma que o incremento das restriccións reduciu a transmisión do virus nun 22% á semana

O estudo, no que participan o persoal investigador do CITIC da UDC Ricardo Cao e Inés Barbeito, recompila información sobre todas as medidas de restrición impostas entre setembro de 2020 e a fin do estado de alarma, en maio do 2021. A publicación científica en Frontiers in Public Health recolle os resultados da investigación realizada por este grupo do Comité Español de Matemáticas que, en colaboración co Instituto de Salud Carlos III e o Ministerio de Sanidad, realizou un estudo profundo sobre o impacto das medidas non farmacéuticas.

Leer máis »