
O CITIC participa na G-NIGHT con actividades divulgativas
O vindeiro venres 24 de setembro terá lugar a G-NIGHT, Noite Galega das Persoas Investigadoras, un evento de divulgación científica que se celebra de forma simultánea en toda Europa, dentro da Noite Europea das Persoas Investigadoras. En Galicia a actividade está coordinada pola Universidade de Vigo, coa implicación das tres universidades galegas e diferentes centros e institutos tecnolóxicos e de investigación.










