CITIC

NOVIDADES

O CITIC organiza a xornada Aspectos prácticos da preparación de propostas en Horizon Europe

Os próximos 18 e 19 de outubro o CITIC organiza unha xornada sobre os aspectos prácticos da preparación de propostas en Horizon Europe de cara ás novas convocatorias de 2024. Nestas sesións participarán Marina Martínez, responsable sénior de programas europeos do CDTI en Bruselas; Sabina Guaylupo, Project Manager en FECYT e Cofundadora e responsable de privacidade da iniciativa mydatamood; e María Luisa Pérez Aliende, da Universidade Autónoma de Madrid.

Leer máis »

O investigador do CITIC, Ricardo Cao, Medalla de Investigación 2023 da RAGC polas súas contribucións nas Matemáticas, a Física e as Ciencias da Computación

A Real Academia Galega de Ciencias concede a medalla Enrique Vidal Abascal ao investigador do CITIC Ricardo Cao, como recoñecemento ao seu labor na sección de Matemáticas, Física e Ciencias da Computación. A entrega de medallas terá lugar o mércores 4 de outubro no Pazo de Fonseca, en Santiago.

Leer máis »

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia conceden a Talentos Inclusivos o Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con beneficios Sociais

O proxecto Talentos Inclusivos acaba de ser galardoado co Premio Amtega ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, unha distinción instituída polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Leer máis »

A Cátedra R en Ciberseguridade, dirixida polo investigador do CITIC, Carlos Dafonte, convoca unha nova edición dos premios aos mellores traballos en ciberseguridade dixital

A Cátedra R en Ciberseguridade, dirixida na UDC polo investigador do CITIC Carlos Dafonte, convoca os V Premios aos Mellores Traballos Académicos e de Investigación en Ciberseguridade Dixital. O obxectivo principal destes premios é “a promoción e difusión da actividade docente e investigadora no ámbito da ciberseguridade”. 

Leer máis »