
O CITIC da UDC achegou a ciencia e a tecnoloxía á cidadanía na G-Night 2026
O CITIC da Universidade da Coruña participou o pasado venres, 25 de setembro, na sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras (G-Night), unha iniciativa europea de divulgación científica que transformou diferentes espazos da cidade en lugares de encontro entre a investigación e a sociedade.










