Alianza entre o CITIC, colexios profesionais e entidades do terceiro sector de Galicia para ofrecer solucións tecnolóxicas a persoas maiores e con discapacidade

Nace a Rede Galega de I+D+i de Tecnoloxías de Apoio para unha Sociedade Inclusiva para mellorar a calidade de vida das persoas grazas a innovadoras solucións tecnolóxicas baseadas en intelixencia artificial e realidade aumentada, telefonía móbil, asistentes de voz ou espazos domotizados

Premio Nacional para o traballo do investigador do CITIC Álvaro Michelena sobre a aprendizaxe intelixente aplicada ás instalacións de control de agua

Un sistema de control intelixente máis rápido, óptimo e eficiente, que permite detectar as anomalías en tempo real das instalacións de control de líquidos. Este é o obxectivo do Traballo Fin do Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica da EPEF do investigador CITIC da UDC Álvaro Michelena Grandío, quen vén de recibir o Premio Nacional Mejor TFM/TFG en Control Intelixente outorgado polo Comité Español de Automática (CEA), patrocinado pola empresa ASTI. O galardón, entregado no XVII Simposio de Control Inteligente do CEA, recoñece e estimula o traballo desenvolvido en relación ao control intelixente.

O CITIC acolle a presentación do Club de Innovación Aberta “Innova Club”

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu este venres, 15 de xullo, o acto de presentación do “Innova Club”, unha pioneira iniciativa que nace co obxectivo de ofrecer solucións a retos empresariais difíciles de resolver de xeito individual e cos medios tradicionais. Así, proponse a creación de equipos organizados de maneira personalizada, formados por expertos de empresas tecnolóxicas, profesionais, profesores e alumnos universitarios, que se encargarán de deseñar solucións para dar resposta a necesidades reais do mercado.

Investigadores do CITIC organizan un seminario sobre contribucións en Análise Factorial Dinámico aplicadas ao ámbito enerxético e económico

Un equipo de investigadores/as do CITIC organizan o seminario “Contribucións en Análise Factorial Dinámico: aplicacións en Mercados de Enerxía e en Economía”, impartido pola profesora da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais da Universidade Politécnica de Madrid, Carolina García-Martos. A sesión terá lugar o vindeiro luns 18 de xullo a partir das 11:30 h na aula de Graos Víctor Gulías da Facultade de Informática da UDC.

O CITIC participa na posta en marcha da plataforma robótica LOLA

A pasada semana un grupo de investigadores/as da Universidade de Alcalá visitou o CITIC para poñer en marcha a plataforma robótica LOLA, un robot de baixo custo con intelixencia artificial que foi entregado a ASPACE Coruña para proporcionar asistencia a persoas con parálise cerebral. Esta plataforma desenvolveuse no marco do proxecto AIR4DP (Artificial Intelligence and Robotic Assistive Technology devices for Disabled People), no que colabora o CITIC xunto co grupo GRAM da Universidade de Alcalá e o grupo TAIS da Universidade de Sevilla.

Un obradoiro sobre investigación educativa celebrado no CITIC dá paso ás Xornadas sobre a Ensinanza Universitaria da Informática

Este martes 5 de xullo o CITIC acolleu un taller práctico sobre investigación educativa, que deu paso ás XXVIII Xornadas sobre a Ensinanza Universitaria da Informática (JENUI 2022). Durante este mércores, xoves e venres, máis dun centenar de profesores/as e investigadores/as daranse cita na Facultade de Informática da UDC no único congreso español sobre ensinanza universitaria de Informática.