Investigadores do CITIC participan no congreso internacional ALGORITMY 2020

O investigador do CITIC Carlos Vázquez Cendón impartiu unha conferencia plenaria no congreso internacional ALGORITMY 2020 – 21th Conference on Scientific Computing, celebrado en Eslovaquia do 10 ao 15 de setembro. Ademais, a investigadora Beatriz Salvador Mancho tamén participou impartindo unha charla invitada nunha das sesións especiais do congreso dedicada aos métodos matemáticos e computacionais en finanzas.