A cuarta edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global distingue a Talentos Inclusivos

Nesta edición foron galardoados “Talentos Inclusivos”, do CITIC da Universidade da Coruña, e “Non sempre se nace onde se pace”, dos CEIP A Canosa-Rus (Coristanco) e Xesús San Luís Romero (Carballo), xunto co IES Plurilingüe de Valga (Pontevedra) co proxecto “Cultivando conciencias, colleitando futuros”.