O CITIC recibe a visita dunha Learning Expediton organizada polo CSG procedente de Sudáfrica

Este mércores 27 de outubro o CITIC recibiu a visita dunha delegación procedente de Sudáfrica formada por representantes de entidades estratéxicas relacionadas co ámbito da Saúde. A acción está enmarcada nunha Learning Expedition (LEX) ou misión de estudo organizada polo Clúster de Saúde de Galicia (CSG). O principal obxectivo desta misión é identificar socios estratéxicos e posibilidades de investimento.

José Luis Calvo Rolle ofrece unha charla nas Xornadas sobre a Automática e o Control na redución do impacto ambiental

O investigador do CITIC José Luis Calvo Rolle impartirá o vindeiro xoves 28 de outubro a charla “Técnicas intelixentes para a optimización e a mellora da eficiencia dunha vivenda bioclimática”, dentro das Xornadas sobre a Automática e o Control na redución do impacto ambiental, organizadas desde a Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e que terán lugar na Escola de Enxeñería de Bilbao.

Susana Ladra imparte unha charla a alumnos do IES Miraflores de Oleiros de STEMbach

A directora do Campus Innova e investigadora do CITIC Susana Ladra impartiu o pasado martes 26 de outubro unha charla a alumnos do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMbach, do IES Miraflores de Oleiros. Susana Ladra achegou aos estudantes a súa experiencia como investigadora e docente no ámbito das TIC e as liñas de investigación nas que traballa actualmente.

Elisa Fernández obtén o Premio TFM do CPEIG polo traballo desenvolto no CITIC ao redor do proxecto CovidBens

A enxeñeira informática Elisa Fernández Álvarez foi galardoada co Premio Traballo Fin de Mestrado en Enxeñaría Informática outorgado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), grazas ao traballo que desenvolveu no CITIC ao redor do proxecto CovidBens. Recibiu o premio polo desenvolvemento dunha ferramenta que permite a xestión e explotación dos datos de carga viral obtidos a partir da análise de augas residuais e que son empregados para realizar predicións de casos da COVID-19.

As investigadoras Susana Ladra e Verónica Bolón protagonizan o documental “Marxe de erro”, que visibiliza o papel das mulleres en enxeñaría

As investigadoras do CITIC Susana Ladra González e Verónica Bolón Canedo protagonizan xunto coas enxeñeiras Susana Gómez Carnero, Berta Candendo e Silvia Piñeiro Fernández o documental “Marxe de erro”, realizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG).

O grupo LBD, dirixido pola investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa, recibe un Premio Spin-off PuntoGal

O grupo de investigación LBD (Laboratorio de Bases de Datos) da Universidade da Coruña, dirixido pola investigadora e membro do Comité de Dirección do CITIC Nieves R. Brisaboa, acaba de recibir o Premio Spin-Off PuntoGal na categoría dedicada a Grupos de Investigación. Estes premios, organizados polo Dominio PuntoGal e o portal GCiencia, teñen o obxectivo de distinguir ás empresas e grupos de investigación galegos máis innovadores.