O CITIC reúne o talento universitario galego nunha nova edición da súa competición de ciberseguridade
A C3TF celebrarase o 29 de outubro na Coruña e en Vigo con actividades formativas, retos informáticos e premios de ata 1.200 euros.
A C3TF celebrarase o 29 de outubro na Coruña e en Vigo con actividades formativas, retos informáticos e premios de ata 1.200 euros.
O proxecto do CITIC da UDC impulsará un ano máis o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para mellorar a vida das persoas con discapacidade. Participará alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos de Formación Profesional das catro provincias galegas.
Manuel González Penedo, director do CITIC da UDC, participou o pasado 15 de outubro nunha xornada organizada polo Clúster TIC na Cidade das TIC da Coruña coa fin de presentar a actividade investigadora e o potencial tecnolóxico do Centro.
O vindeiro venres, 23 de outubro, ás 12:00 horas, terá lugar a segunda sesión do ciclo de conferencias “Converxencia Verde: IA para un futuro sustentable”, organizado pola Cátedra UDC-INDITEX de IA en Algoritmos Verdes. A conferencia celebrarase no CITIC da Universidade da Coruña e estará dedicada á eficiencia na visión artificial.
Os días 1, 2 e 3 de outubro, a Universidade da Coruña (UDC), coa colaboración do CITIC, reuniu a expertos de 11 países para avanzar no estudo das zoonoses baixo o enfoque integrador One Health (Unha soa saúde).
A IX edición do congreso organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC concluíu hoxe coa entrega dos recoñecementos a investigacións en intelixencia artificial, ciberseguridade, tecnoloxías cuánticas, enxeñaría de datos e outras áreas das TIC.
O encontro organizado polo CITIC da UDC, que se celebra o xoves e o venres, contará con 35 comunicacións orais, 29 pósteres e dúas sesións plenarias, nunha edición na que participan 150 investigadores e investigadoras.
O investigador do CITIC da UDC participará na avaliación e selección de estudantes de doutoramento de todo o mundo con investigacións destacadas en computación de altas prestacións e áreas relacionadas.
A investigadora participará na charla-coloquio “Los retos de la Inteligencia Artificial: innovación, ética, sostenibilidad y regulación”. O evento celebrarase no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC os días 15 e 16 de outubro.
O investigador e subdirector do CITIC da UDC impartiu un minicurso sobre Aprendizaxe Automática Cuántica e participou nunha mesa redonda dedicada aos retos da forza de traballo no ámbito das tecnoloxías cuánticas.