Medicina do sono e estatística aplicada ás finanzas, na terceira sesión dos Almorzos TIC Talk

Este martes 31 de maio celebrouse no CITIC a terceira sesión dos Almorzos TIC Talk, un ciclo de reunións informais dirixidas ao persoal investigador do centro que se atopa nas primeiras etapas da súa carreira. Este novo encontro contou coa participación de Diego Álvarez e Rebeca Peláez, que foron presentados por Álvaro Leitao, membro da comisión de formación.

Xornada de presentación de convocatorias Cascade Funding

O próximo 3 de xuño o CITIC acollerá a “Xornada de presentación de convocatorias Cascade Funding”, organizada en colaboración con econet- FundingBox. O obxectivo é dar a coñecer a grupos de investigación, pemes, midcaps e start-ups o financiamento en cascada, un método de financiamento da Comisión Europea que ten como obxectivo impulsar a creación de novas empresas, aumentar a escalabilidade de novos produtos e impulsar a adopción ou desenvolvemento de innovación tecnolóxicas nas empresas. A xornada contará coa presenza de representantes de GAIN, DIHGIGAL e o Clúster TIC, así como de expertos en proxectos financiados por este tipo convocatorias.

O CITIC reúne a entidades europeas nunha iniciativa para fomentar a educación dixital de propietarios de casas históricas

O CITIC acollerá o martes 24 de maio unha reunión de traballo do proxecto europeo HERIT: Heritage Efficient management through Relevant IT use, no que participa o centro xunto co CUFIE e o Grupo de Estudos Territoriais da UDC e outras seis entidades europeas. HERIT é un proxecto financiado polo programa Erasmus+ que ten como obxectivo impulsar as competencias dixitais de propietarios/as privados/as de casas históricas, axudándolles a facer fronte ao impacto da pandemia no turismo cultural.