O CITIC da UDC achega a intelixencia artificial á cidadanía no certame internacional Ciencia en Acción

Tres proxectos do centro TIC da Universidade da Coruña foron finalistas no encontro dedicado a achegar a ciencia e a tecnoloxía ao público, que tivo lugar a pasada fin de semana en San Sebastián. A proposta divulgativa presentada, denominada “CitasTIC: Investigar en IA”, integrou proxectos de investigación sobre robótica cognitiva, recoñecemento de melodías e intelixencia artificial contra o odio.

O CITIC reforza o seu compromiso coa igualdade de xénero e a súa proxección europea a través de distintos encontros internacionais

O Grupo Permanente de Igualdade do CITIC da Universidade da Coruña desenvolveu durante o mes de outubro unha intensa actividade internacional, participando en distintos encontros europeos centrados na igualdade de xénero, o talento dixital e a presenza das mulleres nos ámbitos científico e tecnolóxico.

O director do CITIC leva a ciencia e a innovación tecnolóxica ao debate “As Fortalezas da España Plural”, impulsado pola Cámara de Comercio de España

O director do CITIC da UDC, Manuel F. González Penedo, participou na xornada de debate As Fortalezas da España Plural, celebrada en Santiago de Compostela e organizada no marco dunha iniciativa impulsada pola Cámara de Comercio de España a través da súa rede de cámaras territoriais.