Amparo Alonso recibe o Premio Nacional de Informática José García Santesmases e reclama unha IA “explicable e responsable por deseño”
A investigadora do CITIC e catedrática da Universidade da Coruña, María Amparo Alonso Betanzos, recibiu o Premio Nacional de Informática José García Santesmases na cerimonia de entrega da décima edición dos Premios de Investigación da Sociedade Científica Informática de España (SCIE) e a Fundación BBVA.


