A Xunta convoca 151 novos contratos predoutorais e posdoutorais

A Xunta convocou 151 novas axudas predoutorais e posdoutorais da modalidade de formación inicial de investigadores en Galicia. Estas axudas contan cun financiamento de 15,2 millóns de euros aportados polos orzamentos autonómicos a través dunha acción conxunta entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Investigadores do CITIC imparten unha nova edición do curso Tecnoloxías para a participación activa na diversidade funcional

As investigadoras do CITIC Betania Groba, Laura Nieto e Thais Pousada, xunto ao subdirector Javier Pereira, impartirán un ano máis o MOOC “Tecnoloxías para a participación activa na diversidade funcional”, que se celebrará a partir do próximo 15 de marzo. Este curso é acollido pola plataforma MiríadaX e a súa inscrición é libre e gratuíta.

A investigadora do CITIC da UDC Minia Manteiga é designada vicepresidenta da Sociedade Española de Astronomía

A investigadora do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, Minia Manteiga, foi nomeada vicepresidenta da Sociedade Española de Astronomía. O nomeamento fíxose efectivo neste mes de xaneiro e ocupará o cargo durante os próximos catro anos. A investigadora é a primeira catedrática de Astrofísica en Galicia, especialista en evolución estelar, astrofísica espacial e Big Data Astronomy, e docente na Escola Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña.