“En alianza cos profesionais da medicina, a IA é unha potente ferramenta para mellorar a calidade asistencial e a sustentabilidade dos servizos públicos de saúde”

Coincidindo co seu ingreso na prestixiosa Real Academia de Medicina de Galicia, Alejandro Pazos, o investigador do CITIC da UDC especialista en intelixencia artificial e medicina, subliña as bondades desta poderosa ferramenta ao servizo dos profesionais médicos.

A terceira edición da CITIC Cyber Competition puxo a proba as habilidades en ciberseguridade de máis de 150 estudantes de toda España

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIC) da UDC acolleu este xoves o evento TalentoCibeR e a competición de ciberseguridade CITIC Cyber Competition (C3TF), no que participaron 157 estudantes de toda España repartidos en 40 equipos que competiron entre si nas instalacións do CITIC, desde atlanTTic en Vigo e en formato online.