R e as universidades de A Coruña e Vigo revalidan a súa aposta pola Cátedra R en Ciberseguridade un ano máis

Os reitores das Universidades da Coruña (UDC) e de Vigo (UVIGO), Julio Abalde e Manuel J. Reigosa respectivamente, xunto a Alfredo Ramos, director de R, asinaron esta mañá na sede coruñesa do operador galego o convenio para a renovación da Cátedra R en Ciberseguridade, a primeira cátedra interuniversitaria galega que se creou en 2018 para responder ás crecentes necesidades de coñecemento desta materia na sociedade e na empresa, parellas ao desenvolvemento progresivo das novas tecnoloxías.

Estudantes de toda España enfróntanse a 21 retos de ciberseguridade na segunda edición da CITIC Cyber Competition

Máis dun cento estudantes de Bacharelato, Formación Profesional, Grao e Máster de centros educativos de España, organizados en 32 equipos, participaron na tarde do mércores 29 de marzo na segunda edición da CITIC Cyber Competition, unha competición no ámbito da seguridade informática organizada polo Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña, e o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) da Universidade de Vigo.

‘Oportunidades laborais no CERN para pre e pos graduados’, temática dunha edición especial dos Almorzos TIC Talk

Este luns, 27 de marzo, ás 10:00 horas, a sala Cloud do CITIC acolleu unha edición especial dos Almorzos TIC Talk, moderada polo investigador e membro da comisión de formación do CITIC Álvaro Leitao. Nesta ocasión contamos coa participación dun invitado de excepción, trátase de Jesús Fernández Cortés, antigo alumno da escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol que actualmente traballa na cidade suiza de Xenebra no Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN).

O CITIC participa na II Feira de Orientación Académica e Profesional de Oleiros

O pasado venres, 17 de marzo, o CITIC participou na II Feira de Orientación Académica e Profesional, organizada polo Concello de Oleiros en colaboración con diferentes centros educativos e que tivo lugar Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz. No evento participaron máis dunha trintena de entidades coa finalidade de orientar académica e profesionalmente a alumnado dos últimos cursos de ensino secundario.

O Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña recibe o Premio Nacional de Enxeñería Informática polo seu programa Talentos Inclusivos

Talentos Inclusivos, o programa colaborativo posto en marcha polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC), e Aspace Coruña vén de recibir o recoñecemento por parte do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría de Informática de España que, nesta primeira edición, outorgoulle o premio nacional na categoría “Humanismo e Compromiso Social”.

O CITIC colabora co XVI Congreso Galego de Estadística e Investigación de Operacións

A próxima edición do Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións terá lugar do 26 ao 28 de outubro de 2023 na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Caminos, Canais e Portos da Universidade da Coruña. Está organizado polo Departamento de Matémáticas da UDC, en colaboración coa Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO), e está patrocinado polos grupos MODES da UDC, MODESTYA da USC e SiDOR da UVigo.

Recibimos a representantes do Centro de Promoción da Autonomía Persoal de Bergondo

Este venres 10 de marzo, recibimos no CITIC a visita de representantes do Centro de Promoción da Autonomía Persoal (CPAP) de Bergondo, centro de ámbito estatal xestionado polo IMSERSO que está especializado en dano cerebral. En concreto, asistiu o director do CEPAP, Francisco Javier Nieto, e ás responsables de proxectos e innovación, neuropsicología e terapia ocupacional do centro. Foron recibidos polo director e o subdirector do CITIC, Manuel F. González Penedo e Javier Pereira, e polos investigadores da área de Intelixencia Artificial do CITIC Manuel Lagos e Thais Pousada.