Amparo Alonso ofrece un webinar sobre intelixencia artificial nos Diálogos Ikerbasque

A investigadora do CITIC Amparo Alonso ofrece este luns 29 de novembro o webinar “É tan intelixente a intelixencia artificial?” no marco dos Diálogos Ikerbasque. No relatorio, a investigadora fará unha reflexión sobre as ameazas e oportunidades que supón a intelixencia artificial, xunto co investigador de Ikerbasque e director do Instituto de Gobernanza Democrática, Daniel Innerarity. A charla estará moderada polo director científico de Ikerbasque, Fernando Cossío.

Guillermo López Taboada ofrece unha charla sobre emprendemento na feira de talento e emprego Talentia Summit

O investigador do CITIC Guillermo López Taboada ofrecerá este martes 23 de novembro un relatorio sobre Experiencias de Emprendemento nas Charlas Universitarias Talentia Summit, unha nova iniciativa da feira virtual de talento e emprego Talentia Summit´21, que se está celebrando desde o 15 ata o 26 de novembro.

O proxecto Talentos Inclusivos inicia a súa segunda edición con novos colaboradores e participantes

A segunda edición do proxecto Talentos Inclusivos, promovido polo CITIC e ASPACE Coruña, presentouse este xoves 11 de novembro na Domus da Coruña. Nesta nova edición, o Concello da Coruña súmase ás entidades que apoian o proxecto, xunto co Consello Social da UDC, a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. Tamén se unen dous novos centros educativos, facendo un total de 10 na provincia da Coruña.