O CITIC recibiu hoxe o 11º Premio FEGADACE-Miguel Blanco no transcurso da II Xuntanza do Movemento Asociativo do Dano Cerebral que tivo lugar na Cidade da Cultura

O CITIC da Universidade da Coruña recibiu este xoves o 11o premio Miguel Blanco da Federación Galega de Dano Cerebral polo seu compromiso cos dereitos e a inclusión social, así como ao exercicio dunha vida plena e autónoma por parte do colectivo con dano cerebral adquirido.

O CITIC imparte un taller de tecnoloxías adaptadas a nenos e nenas do ALDABA-TIC Camp

Este xoves 29 de xuño, o CITIC recibiu a visita de varios nenos e nenas, de entre 6 e 12 anos, inscritos no campus tecnolóxico de verán ALDABA-TIC Camp. Durante a súa visita puideron participar nun pequeno taller impartido polas investigadoras Patricia Concheiro e Carmen Miranda, onde lles mostraron diversas solucións tecnolóxicas enmarcadas dentro do proxecto de Talentos Inclusivos e participaron en diversas experiencias de realidade virtual. 

O programa Inspira STEAM, coordinado por Verónica Bolón do CITIC da UDC, esperta novas vocacións científicas en A Coruña

O programa educativo Inspira STEAM, promovido pola Universidade de Deusto e coordinado na Coruña pola investigadora Verónica Bolón do CITIC da Universidade da Coruña, celebrou este mércores 21 de xuño o peche da edición correspondente a este curso. Este programa ten como obxectivo fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre os estudantes, especialmente entre as nenas, e contou este ano coa participación de catro centros: o IES Ramón Menéndez Pidal, o CPR Sagrado Corazón Franciscanas, o Colexio Santo Domingo e o CEIP Teixeiro.

Talentos Inclusivos pecha a súa III edición cunha feira científica cos traballos desenvoltos por centros escolares da Coruña e Ourense

O programa Talentos Inclusivos celebrou este venres na Domus de A Coruña o peche da súa terceira edición, correspondente ao curso 2022-2023, cunha feira científica na que se expuxeron os proxectos desenvolvidos polos dez centros educativos participantes, da provincia da Coruña e, por primeira vez, de Ourense.