Ángel López Oriona, investigador do CITIC, incorpórase ao grupo de investigación en Environmental Statistics da King Abdullah University of Science and Technology (KAUST)

Tras a defensa da súa tese doutoral, titulada “New Methodological Contributions in Statistical Learning for Estafe Series”, o investigador do CITIC Ángel López Oriona foi contratado para incorporarse de forma inmediata a un grupo de investigación na King Abdullah University of Science and Technology (KAUST) de Arabia Saudita. 

Un traballo dirixido por José Luis Calvo Rolle e Esteban Jove Pérez gaña o Premio Nacional IDOM á mellor tese doutoral en Control Intelixente

O investigador e profesor da UDC, Francisco Zayas Gato, recibiu recentemente o primeiro Premio Nacional IDOM á mellor Tese Doutoral en Control Intelixente por “Implementación de algoritmos de asistencia e recomendación para a toma de decisións e detección de situacións singulares en sistemas complexos mediante técnicas intelixentes”; traballo que tivo como directores a José Luis Calvo Rolle e Esteban Jove Pérez, membros do CITIC. 

O investigador Sergio Prieto desenvolve un modelo capaz de estimar a transferencia de votos en eleccións consecutivas

O investigador Sergio Prieto García desenvolveu para o seu Traballo Fin de Máster en Técnicas Estatísticas un modelo matemático que podería converterse nun gran aliado para os partidos políticos en campaña electoral. Baixo a dirección de Ricardo Cao, catedrático de Estatística na UDC, o proxecto titulado “Estimación en táboas de continxencia con marxinais dadas” logrou desenvolver un método que estima as probabilidades de transferencia de votos entre partidos políticos en dous comicios consecutivos. 

A Universidade da Coruña e a Federación Española de Enfermidades Raras impulsarán a investigación nesta área e a formación a novos profesionais

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER), Juan Carrión, asinaron onte un convenio de colaboración para fomentar o intercambio de experiencias e de persoal nos campos da docencia, a investigación e a cultura especialmente no relativo a estas patoloxías.

O CITIC da UDC incrementa a captación de talento internacional gracias o proxecto europeo 3i-ICT

O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC incrementa a súa captación de talento internacional a través do proxecto europeo 3i-ICT. Na segunda edición deste programa -cuxa recepción de candidaturas pechouse recentemente-, o centro da UDC recibiu 75 candidaturas de 56 solicitantes, das cales 51 de 39 persoas foron admitidas.