O Goberno financia tres novos proxectos nos que participa o CITIC da UDC sobre intelixencia artificial para detección de bacterias, saúde laboral e vixilancia tecnolóxica

Tres proxectos nos que participa o Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña foron seleccionados pola entidade Red.es do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e financiados con preto de 1,4 millóns de euros. Algoritmos de predición de superbacterias en hospitais, prevención de enfermidades profesionais e métodos intelixentes de minería de textos para melloras en vixilancia tecnolóxica teñen como denominador común a aplicación da intelixencia artificial á optimización de procesos en diferentes ámbitos de impacto económico e social.

Membros do CITIC que dirixen cátedras na UDC participan nun encontro para favorecer sinerxías entre elas

O persoal investigador do CITIC Javier Pereira, Marcos Ortega, Laura Castro e Luis Hervella participaron este mércores 26 de outubro no primeiro Encontro da Dirección das Cátedras e Aulas Institucionais da UDC, celebrado no Edificio Normal do Campus de Riazor. O vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, tamén investigador do centro, fixo un acto de presentación neste encontro que se organiza coa finalidade de favorecer o coñecemento mutuo e apuntar posibles sinerxías.

Joel Pérez Villarino e Pedro Fernández-Arruti Gallego presentan as súas liñas de investigación nunha nova sesión dos Almorzos TIC Talk

Este martes 25 de outubro celebrouse a sexta sesión dos Almorzos TIC Talk, protagonizada polos investigadores Joel Pérez Villarino e Pedro Fernández-Arruti Gallego para presentar as súas liñas de investigación nestes encontros que pretenden achegar, nun ambiente distendido, o traballo desenvolvido no centro ao persoal investigador que se atopa nas primeiras etapas da súa carreira.

O CITIC recibe o Recoñecemento á Inclusión en Galicia

El Centro de Investigación en Tecnologías de la Información y de las Comunicaciones (CITIC) de la Universidade da Coruña recibió este viernes 21 de octubre el Reconocimiento a la Inclusión en Galicia en un evento organizado por la Confederación Gallega de Personas con Discapacidad (COGAMI) y la Fundación Integralia DKV, que tuvo lugar en el Centro Sociocultural Ágora de A Coruña.

A Cátedra R convoca unha nova edición dos Premios aos Mellores Traballos Académicos e de Investigación en Ciberseguridade Dixital

A Cátedra interuniversitaria R en Ciberseguridade, dirixida na UDC polo investigador do CITIC Carlos Dafonte, convoca os Premios aos Mellores Traballos Académicos e de Investigación en Ciberseguridade Dixital. O obxectivo principal destes premios é a promoción e difusión da actividade docente e investigadora no ámbito da ciberseguridade.

Martiño Rivera e Rubén Pérez participan na Training School on Dixital Forensics da acción COST DIGforASP

Os investigadores do CITIC Mariño Rivera e Rubén Pérez participaron do 3 ao 7 de outubro na “Training School on Digital Forensics: evidence analysis via intelligent systems and practices”, organizada pola acción COST DIGforASP en Nápoles (Italia), de forma simultánea co 14º Simposio Europeo sobre Intelixencia Computacional e Matemáticas (European Symposium on Computational Intelligence and Mathematics) ESCIM 2022.

El CITIC acoge la reunión inicial de un proyecto en el que colabora sobre procesamiento del lenguaje natural en lengua uzbeka

O CITIC acolleu o pasado 5 de outubro a reunión inicial dun proxecto da Universidade Nacional de Uzbekistán sobre procesamento da linguaxe natural en lingua uzbeka, no que colaboran os investigadores do centro Carlos Gómez Rodríguez e Elmurod Kuriyozov. O proxecto titúlase “UzUDT: Universal Dependencies Treebank and parser for natural language processing on the Uzbek Language” e foi concedido no marco do compoñente 1 “Improving research excellence and commercialization” da convocatoria Modernizing Uzbekistan National Innovation System Project, financiada polo Banco Mundial.