O CITIC da Universidade da Coruña participa nun proxecto europeo de transformación dixital con tecnoloxías para a clasificación de residuos

O CITIC participará nun proxecto europeo, liderado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente S.A. (SOGAMA), e no que tamén participa LIPOR, en materia de transformación dixital con tecnoloxías intelixentes para a clasificación de residuos de envases de orixe doméstico.