O CITIC participa no Taller para Proxectos I+D+i organizado por DIHGIGAL

O CITIC participa este luns 30 de novembro no Taller Proxectos I+D+i organizado polo Digital Innovation Hub Industrial de Galicia (DIHGIGAL). O CITIC estará representado polo responsable de Transferencia Tecnolóxica do centro, Manuel Bustabad. Este evento está orientado a motivar ás empresas a desenvolver os seus proxectos de I+D+i, así como a favorecer a conexión de oferta e demanda tecnolóxica e o intercambio de boas prácticas empresariais.

A investigadora Aida Vidal gaña o premio Proxecto Fin de Mestrado do CPEIG

A investigadora do CITIC Aida Vidal acaba de recibir o XI Premio Proxecto Fin de Carreira/ Mestrado en Enxeñaría en Informática, outorgado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) polo seu traballo “Aplicación gamificada mediante realidade aumentada para incentivar a actividade física de pacientes pediátricos de longa estancia”. Este traballo estivo dirixido por Tiago Manuel Fernández Caramés e Paula Fraga Lamas, tamén investigadores do CITIC.

Salvador Naya participa no Ciclo de Conferencias da Escola Politécnica Nacional de Ecuador

O vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC e presidente do Comité de Dirección do CITIC, Salvador Naya, participará o vindeiro xoves 26 de novembro de forma telemática no Ciclo de conferencias: matemática e as súas aplicacións 2020, organizado pola Escola Politécnica Nacional de Ecuador.

O CITIC da UDC obtén financiamento da Xunta para desenvolver proxectos de investigación para avanzar na loita contra o COVID-19

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), apoia con máis de medio millón de euros a posta en marcha de tres proxectos dirixidos por investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña para avanzar na loita contra o COVID-19. Os investigadores principais destes proxectos son Ricardo Cao, Marcos Ortega Hortas e José Santos Reyes.