A investigadora do CITIC da UDC Amparo Alonso ingresa na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España para liderar o debate sobre a intelixencia artificial

A investigadora do CITIC da Universidade da Coruña, Amparo Alonso, acaba de ser nomeada Académica Correspondente na sección de Matemáticas da prestixiosa e centenaria Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España (RAC).

O experto en IA Paul Van Branteghem impartirá unha conferencia sobre as aplicacións de ChatGPT no ciclo HumanIA

Paul Van Branteghem, experto en Intelixencia artificial, será o relator da segunda charla do ciclo HumanIA organizado polo Consello Social da Universidade da Coruña e a Facultade de Humanidades, en colaboración co CITIC. Esta segunda cita celebrarase na Sala Cloud do centro o vindeiro xoves 9 de novembro ás 17.30.

Verónica Bolón falará da “IA verde” no peche do ciclo de conferencias sobre Intelixencia Artificial da RAGC

O Ciclo de Conferencias sobre Intelixencia Artificial, titulado “A electricidade do século XXI”, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) en colaboración coa Deputación dá Coruña, chega ao seu fin hoxe, coa conferencia impartida pola investigadora do CITIC, Verónica Bolón, titular da área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña.