A Cátedra R en Ciberseguridade, dirixida polo investigador do CITIC, Carlos Dafonte, convoca unha nova edición dos premios aos mellores traballos en ciberseguridade dixital

A Cátedra R en Ciberseguridade, dirixida na UDC polo investigador do CITIC Carlos Dafonte, convoca os V Premios aos Mellores Traballos Académicos e de Investigación en Ciberseguridade Dixital. O obxectivo principal destes premios é “a promoción e difusión da actividade docente e investigadora no ámbito da ciberseguridade”. 

O Goberno financia tres novos proxectos nos que participa o CITIC da UDC sobre intelixencia artificial para detección de bacterias, saúde laboral e vixilancia tecnolóxica

Tres proxectos nos que participa o Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña foron seleccionados pola entidade Red.es do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e financiados con preto de 1,4 millóns de euros. Algoritmos de predición de superbacterias en hospitais, prevención de enfermidades profesionais e métodos intelixentes de minería de textos para melloras en vixilancia tecnolóxica teñen como denominador común a aplicación da intelixencia artificial á optimización de procesos en diferentes ámbitos de impacto económico e social.

Aberta a convocatoria aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) convocan os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2021, que teñen o obxectivo de recoñecer o traballo do persoal investigador e dos/as empresarios/as que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Aberta a convocatoria dos Premios Sociedade de Estatística e Investigación Operativa – Fundación BBVA 2021

A Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO) e a Fundación BBVA convocaron a segunda edición dos premios SEIO-Fundación BBVA, destinados a recoñecer as achegas científicas máis innovadoras e influíntes en estatística e investigación operativa. Estes galardóns teñen o obxectivo de incentivar o traballo dos mellores investigadores nestas áreas e de impulsar a proxección das disciplinas ao conxunto da sociedade.