O Máster en Bioinformática para Ciencias da Saúde, coordinado polo subdirector do CITIC, recibe a mención de excelencia da Xunta de Galicia

O Máster Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, coordinado desde 2017 polo subdirector do CITIC, Javier Pereira, recibiu a mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia, impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O Concello da Coruña conta co CITIC como socio tecnolóxico para colaborar na dixitalización da mobilidade e no deseño dun mapa de Zonas de Baixas Emisións

O concelleiro de urbanismo do Concello da Coruña, Juan Díaz Villoslada, e o director do CITIC, Manuel F. González Penedo, asinaron unha declaración de intencións para traballar conxuntamente no deseño, desenvolvemento e implantación de Zonas de Baixas Emisións (ZBE) e na dixitalización da mobilidade da cidade, co obxectivo de impulsar unha mobilidade segura, sostible e saudable.