O CITIC recolle a testemuña do CEDI 2024

O CITIC recolleu a testemuña no Congreso Español de Informática (CEDI) da organización da próxima edición, que se celebrará en 2024. O CEDI 20/21 tivo lugar en Málaga do 22 ao 24 de setembro, coordinado pola Sociedade Científica Informática de España (SCIE). No acto de clausura do evento, os investigadores Nieves Rodríguez Brisaboa e Miguel Rodríguez Luaces representaron ao comité organizador da edición coruñesa.

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña recibe do CPEIG o Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino polo seu proxecto ‘Talentos Inclusivos’

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o Premio Innovación Tecnolóxica no Ensino da “XIII Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia” ao Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña polo seu proxecto ‘Talentos Inclusivos’.

O CITIC participa na G-NIGHT con actividades divulgativas

O vindeiro venres 24 de setembro terá lugar a G-NIGHT, Noite Galega das Persoas Investigadoras, un evento de divulgación científica que se celebra de forma simultánea en toda Europa, dentro da Noite Europea das Persoas Investigadoras. En Galicia a actividade está coordinada pola Universidade de Vigo, coa implicación das tres universidades galegas e diferentes centros e institutos tecnolóxicos e de investigación.

Thais Pousada realiza unha estancia de investigación na Universidade de Sevilla para explorar melloras en tecnoloxías de apoio

A investigadora do CITIC Thais Pousada realizou unha estancia de investigación na Universidade de Sevilla, vinculada ao desenvolvemento do sub-proxecto “MATCH: Avaliación e asesoramento para a mellor eficiencia e efectividade da tecnoloxía de apoio”. Durante a estancia no grupo de investigación “Tecnoloxías para a Asistencia, a Integración e a Saúde” (TAIS), a investigadora participou en diferentes reunións para avanzar no desenvolvemento do proxecto.

Investigadores do CITIC toman posesión como catedráticos e profesores titulares

Este martes 14 de setembro tivo lugar no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña o acto de toma de posesión de novos catedráticos e profesorado titular de Universidade. Os investigadores do CITIC Germán Aneiros Pérez, Francisco Javier Bellas Bouza e Óscar Fontenla Romero tomaron posesión como catedráticos, e Enrique Fernández Blanco, Javier Parapar López e Óscar Pedreira Fernández fixérono como profesores titulares.