Richard Duro nomeado Vicepresidente para Conferencias e Actividades Técnicas da Internacional Neural Network Society

O investigador do CITIC Richard Duro ven de ser nomeado Vicepresidente para Conferencias e Actividades Técnicas da International Neural Network Society (INNS). Trátase da sociedade científica internacional máis antiga no campo das redes neuronais artificiais e conta con membros de todo o mundo. Ademais, en decembro de 2019 foi reelixido por terceiro ano consecutivo para formar parte do Board of Governors desta sociedade para os anos 2020, 2021 e 2022.

Nieves R. Brisaboa participa no ciclo “Novos tempos na acción exterior de Galicia: A Coruña no mundo global do S.XXI”

A investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa participará o próximo 17 de novembro no ciclo de coloquios “Novos tempos na acción exterior de Galicia: A Coruña no mundo global do S.XXI”, que se desenvolverán de xeito online ao longo das vindeiras semanas. Esta actividade está organizada polo IGADI co apoio do Concello da Coruña.