Acto de peche da terceira edición do proxecto Talentos Inclusivos 2022-2023

A terceira edición do programa Talentos Inclusivos celebra o seu acto de clausura cunha feira científica na que se exporán os proxectos desenvolvidos polos 10 centros educativos participantes, da provincia da Coruña e, por primeira vez, de Ourense.

Entre os proxectos desenvolvidos poderanse ver exemplos de retos como videoxogos clásicos para utilizar en terapias de rehabilitación, bingos adaptados, mesas sensoriais ou diferentes adaptacións de boquillas para pintar ou 3D de premedores dos cabezais das cadeira de rodas.

X Encontro da Mocidade Investigadora

Os días 12 e 13 de xuño tivo lugar o X Encontro da Mocidade Investigadora na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Durante o desarrollo deste evento anual, doutorandos das tres Universidades Galegas tiveron a oportunidade de presentar as súas investigacións e discutir os seus resultados de forma constructiva con compañeiros doutras disciplinas e expertos na materia.

O CITIC recibe unha visita escolar no marco da iniciativa da Unidade de Divulgación Científica da UDC “Atrévete a pescudar con elas!”

Hoxe os centros de investigación do Campus de Elviña CITIC, CICA e CITEEC recibiron a visita dun grupo de 20 alumnos e alumnas do IES Camilo José Cela de Padrón. A visita aos centros de investigación está enmarcada na iniciativa “Atrévete a pescudar con elas!”, organizada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña.

O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia premia a catro investigadores do CITIC polas súas aportacións en IA e Internet das Cousas

O traballo de catro investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC vén de ser recoñecido polo Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) mediante a concesión de catro distincións que serán entregados o 16 de xuño no marco da 15 Noite da Enxeñaría en Informática en Galicia.