Minia Manteiga participa no XXIV Congreso Estatal de Astronomía

A investigadora do CITIC Minia Manteiga participou no XXIV Congreso Estatal de Astronomía (CEA), que se celebrou no Reitorado da Universidade da Coruña do 9 ao 12 de outubro. En concreto, Manteiga formou parte do comité científico do congreso e impartiu a conferencia “Gaia: unha nova visión da Vía Láctea en seis (ou máis) dimensións”, xunto coas investigadoras Ana Ulla, da Universidade de Vigo, e Ruth Carballo, da Universidade de Cantabria.

O CITIC organiza xunto con FEUGA unha serie de workshops para a preparación de candidaturas para ERC

O CITIC organiza xunto con FEUGA o programa “Prepara a túa candidatura para ERC”, co obxectivo de asesorar ao persoal investigador na presentación de convocatorias do European Research Council (ERC). O pasado mércores 6 de outubro deu comezo a serie de workshops “Casos de éxito e experiencias de beneficiarios de ERC”.

IV Congreso XoveTIC

O IV Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC, terá lugar en formato virtual os días 7 e 8 de outubro de 2021. Está destinado a investigadores/as junior (predoutorais e posdoutorais) que presentarán comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC).